top of page
Old paper background.jpg
RROgal.png

Grazas por pasarte por este recuncho, dende o que poderei axudarte facendo o que máis me gusta: xogar coa lingua e a voz para crear conexións de valor entre persoas.

Queda explorando un anaquiño e verás 😄

Quen son?

Como che podo axudar?

Rocio Romero Otero.jpg
Información
Old paper background.jpg

OS MEUS SERVIZOS

Imaxina que... 🤔

Tes unha idea, un produto, un servizo, un proxecto, un “bebé” que criaches con amor e coidado...

... pero aínda non fala.

LOCUCIÓN

A voz é unha ferramenta poderosísima. Fainos rir, chorar, lembrar, inspíranos, chama a nosa atención, fainos tomar acción.

... pero queres que teña máis amigos arredor do mundo.

TRADUCIÓN

Queres dalo a coñecer a máis xente, abrirlle a porta a novas culturas, novos países e novos mercados. Para iso, toca aprender un novo idioma.

... e queres que todo o mundo o vexa tan perfecto coma ti.

CORRECCIÓN

Para xerar confianza e gustar, é imprescindible empregar unha linguaxe limpa, pulcra, adaptada, coidada e, sobre todo, sen erros.

A MIÑA EXPERIENCIA

Eles xa confiaron na miña voz

Valoraciones
RRO y libreta 3.jpg
Ferran Pacheco.jpg

Ferran Pacheco

Director e guionista do podcast Vino para Camaleones (Ivoox Originals)

A profesionalidade de Rocío non ten prezo.

 

Como cliente, o seu traballo supera vastamente as miñas expectativas. Rocío ten calidades que son moi difíciles de atopar na actualidade, xa que ademais de adaptarse totalmente ás necesidades do teu proxecto, elévao aportando ideas, imaxinación, intelixencia e unha personalidade como moi poucas veces teño coñecido.

DIN DE MIN

Lorena Pais.jfif

Lorena Pais

Xestora de contidos e guionista en ENTRETENDO SL

Rocío non é so unha gran profesional, senón que é unha persoa excepcional que sempre está disposta a axudar e a traballar para que as cousas sexan o máis cómodas posibles para os seus compañeiros. E sempre cun sorriso na cara! 🙂


É unha locutora excelente que manexa múltiples rexistros e que personaliza ao máximo cada papel que lle toca interpretar.

Juanpe Granados.jfif

Juanpe Granados

CEO & CMO en ESTATI.CO

Entrega inmediata con perfecta locución nos tres idiomas solicitados. Non é doado atopar unha persoa que locute en galego, español e inglés ao mesmo tempo cunha pronuncia excelente como ten Rocío.

Moi aberta a suxestións e unha atención personalizada e próxima.

Contacto
Old paper background.jpg

QUÉDANCHE DÚBIDAS? 🤔

Podes atoparme en redes sociais

  • Instagram
  • LinkedIn

Escribindo a hello@rocioromerootero.com

Ou enchendo o seguinte formulario:

Correo recibido. Respondereite canto antes 🙂

bottom of page