top of page

Imaxina que... 🤔

Tes unha idea, un produto, un servizo, un proxecto, un “bebé” que criaches con amor e coidado...

Rocio Romero Otero.png
Servicios

... pero aínda non fala.

LOCUCIÓN

A voz é unha ferramenta poderosísima. Fainos rir, chorar, lembrar, inspíranos, chama a nosa atención, fainos tomar acción.

Axúdoche a contar a túa historia dun xeito único e memorable.

Escoitareite a ti primeiro, para entenderte, e así poder transmitir exactamente o que ti tes en mente. A través da miña voz, a túa audiencia conectará contigo e ca mensaxe que lles queres transmitir.

Galego – Español – Inglés

... pero queres que teña máis amigos arredor do mundo.

TRADUCIÓN

Queres dalo a coñecer a máis xente, abrirlle a porta a novas culturas, novos países e novos mercados. Para iso, toca aprender un novo idioma.

Axúdoche a traducir a túa mensaxe a outro idioma sen que perda a súa esencia orixinal, a túa esencia.

Do inglés ao español ou galego

Do español ao inglés ou galego

Do galego ao inglés ou español

... e queres que todo o mundo o vexa tan perfecto coma ti.

CORRECCIÓN

Para xerar confianza e gustar, é imprescindible empregar unha linguaxe limpa, pulcra, adaptada, coidada e, sobre todo, sen erros.

O que escribes e como o escribes di moito de ti.

 

Ofrézoche os meus servizos de corrección e asesoramento para que o teu proxecto estea libre de erros lingüísticos e produza no teu público a impresión positiva que buscas.

Galego – Español – Inglés

Non sona mal, ou que? 👩‍🎤

Anque se chegaches ata aquí, é porque aínda non pulsaches nos botóns anteriores... Dálle sen medo! Podes consultarme tódalas dúbidas que teñas, sen compromiso 🙂

Ou quizais queres saber máis sobre o proceso que seguiremos. Nese caso... 🤔

Segue a ler!

Old paper background.jpg

Queres antes saber máis...

bottom of page