Adiós ríos, adiós fontes adiós, regatos pequenos; adiós, vista dos meus ollos, non sei cándo nos veremos.
“Cantares Gallegos”
Rosalía de Castro
Adeus.
Que difícil marchar,
sen saber canto durará,
a despedida,
o baleiro,
o silencio,
a distancia.
Que difícil botar a andar,
cando sintes
que cada paso,
te está a alonxar,
cada vez máis,
do que sabes,
do coñecido,
do vivido.
Deles,
de ti,
desa versión túa
que pensa que a abandonas,
que a rexeitas,
e berra,
e chora,
por verte partir,
sen ela.
Soa.
Que difícil marchar,
sen data,
sen retorno,
sen conta atrás,
sen días que riscar
no calendario
da parede
da cociña
ao almorzar.
Que difícil manter,
soster,
ese espazo,
sen plans
que compartir,
sen vermouts ou viño en cunca,
sen enchentas nin petiscos,
sen Estrellas,
nas que rir.
Que difícil medrar
ese vínculo
sen sobremesas, de horas,
con licor, cafés,
ou cafés, de pota.
Sen previas aos partidos,
sen paseos ás tardiñas,
sen conversacións en persoa,
sen verlles as cariñas,
sen tocalos cas manciñas.
Que difícil decidir,
que difícil sopesar,
que difícil a responsabilidade,
de marchar,
de elixir,
de separar.
Que simple escoitar
me,
os meus sinais,
os meus murmurios,
a miña voz,
pequeniña,
falando
me,
alto,
e claro.
Que fai ben,
que fai mal,
que resoa,
que vibra,
que é meu,
que
xa
non.
Que sobra.
Que inmesidade
por diante,
por explorar,
por tentear,
por descifrar,
por pescudar,
por soñar,
por construir.
Por
favor.
Grazas.
Que simple decatarse,
de que o mellor agasallo,
é compartirse enteira,
presente,
plena,
transparente,
libre,
ceibe.
Que simple cando percibes
que a distancia non é física,
que se manifesta de moitos xeitos,
e o espazo, só é un máis,
de tantos.
Que estar preto,
vai de algo máis,
e canto máis preto estamos de nós,
máis preto estamos do resto,
máis real,
máis sincero,
máis auténtico,
máis xenuino,
máis sinxelo.
Que doado
cando te decatas
de que o único xeito de coidar
de quen queres
pasa por coidar
de quen máis debes.
Ti.
Eu.
Estar onde se sinta estar,
facer o que se sinta facer,
para coidar
me,
coidar
te,
coidar
nos.
E así de doado,
de súpeto,
sen esperalo,
entender a morriña,
dende outro lado.
Con máis xeito,
máis sentido,
máis lixeira,
máis xentil.
Máis fermosa.
Máis miña.
A miña
Morriña.
Comments